ConcellosParada de SilÚltima hora

Os Reis Magos reuníanse coa cativada de Parada de Sil no Concello, tras visitar o xeriátrico

 

Os Reis Magos de Oriente chegaban a Parada de Sil nunha fría tarde, case de neve, de 5 de xaneiro. Primeiro achegábanse ao Xeriátrico Luces do Sil, onde conversaban cos seus usuarios, comentando as novidades destes días, así como as dificultades para conseguir agasallos neste oriente en guerra, pero como son magos, foron quen de solventar os problemas e repartiron os agasallos en animada tertulia.

 

Despois de repor forzas, trasladábanse ata o Concello de Parada de Sil, onde os agardaban os cativos, xunto cos seus pais e nais. Estas instalacións municipais decorábanse para a ocasión por parte da ANPA Os Noviños do Sil.

 

Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar repartíanlle os agasallos aos nenos e mesmo Baltasar collía en brazos ao pequeno Mateo, quen puido ver moi de preto a un Rei Mago. Ao remate, os asistentes desfrutaban de chocolate, churros e bica. Unha vez máis, o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradecía á  ANPA e á Asociacion Cultural Ouro do Sil a súa colaboración para facer posible a chegada dos Magos a esta zona da Ribeira Sacra.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button