Os Reis Magos de Oriente xa están no Barco. Chegaban pouco antes da seis da tarde, xunto cos seus paxes e garda reais, ao Teatro Lauro Olmo. Alí, tras reunirse, coa concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, subíanse a un autobús ante a atenta mirada dalgúns cativos, que xunto aos seus pais, mais ou avós paseaban pola zona.
Despois saían, escoltados pola Policía Local, para dar un percorrido polo municipio e espérase a súa chegada ás seis e media á estación de autobuses para, dende alí, iniciar a cabalgata ata a praza do Concello.
Fotos: A.R.