OurenseÚltima hora

Os “Sabores de Primavera” de Ourense enchen de gastronomía a cidade

O Restaurante Gastrobar Sanmiguel foi o lugar elixido para a presentación hoxe, 26 de abril, do concurso de pinchos “Sabores de Primavera de Ourense” que organizan conxuntamente a Concellería de Turismo e Termalismo e a Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO). Esta cita terá lugar entre o 27 de abril ao 7 de maio.

Na presentación de hoxe, o chef Miguel González, do gastrobar Sanmiguel e gañador da edición de outono, presentou a súa proposta para esta edición que se trata dunha mestura de “mar e campo”, dixo, no que as notas de sabor vanse degustando mentres o pincho está no padal.

A esta presentación acudiron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Turismo, Termalismo e Promoción Económica, Jorge Pumar; o secretario da UHO, Javier Outomuro, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Felicícismo Pereira. Quenes foron os encargados de degustar esta primeira proposta que estivo maridada cun viño branco do Ribeiro.

Máis información sobre este concurso na edición impresa do vindeiro mes de maio de “O Sil”.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button