
O persoal das empresas da lousa Irosa e Samaca continúa coas mobilizacións en defensa dos seus postos de traballo, uns 250 directos. Neste senso, veñen de convocar unha manifestación para a tarde do vindeiro venres 22 de setembro no Barco.
A marcha, convocada por CIG e CCOO, partirá ás 19h. dende o pavillón polideportivo de Calabagueiros.