OurenseÚltima hora

Os traballos na senda fluvial do río Avia, en Leiro (Ourense), rematarán en decembro

Os traballos terán un custo de 191.500 euros cofinanciados entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Deputación e o Concello de Leiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) avanza nos traballos de construción da senda fluvial na marxe dereita do río Avia, en Leiro (Ourense). Está previsto que estas actuacións rematen ao longo do mes de decembro.

O obxectivo deste proxecto, segundo resaltan dende a CHMS, é a recuperación dun tramo do sedeiro ubicado nesta marxe dereita do río Avia, concretamente 200 metros de lonxitude, que contaba cunha pasarela de madeira que está apoiada en pilas de formigón e cuxa estrutura estaba en moi mal estado de conservación.

En total, este proxecto conta cun investimento de 191.500 euros, sufragado nun 32% pola CHMS, o 20% pola Deputación e o 48% restante polo Concello de Leiro.

Na mañá de hoxe, 9 de novembro, o presidente do organismo de conca, Francisco Marín; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández e o Subdelegado do Goberno, Roberto Castro supervisaron os traballos realizados nese área.

Segundo explican dende a CHMS, analizaron as alternativas para repoñer a continuidade desta senda neste tramo e chegaron á conclusión que a mellor opción era demoler a pasarela para da continuidade ao paseo, ocupando o espazo situado entre a coronación do muro que delimita a marxe do río neste tramo e os peches das fincas colindantes.

A primeira das actuacións foi a desmontaxe de todos os elementos de madeira que constituían a pasarela, así como do seu mobiliario e instalacións, para proceder á demolición de todos os elementos de formigón armado da estrutura.

A continuación procederon á execución dun novo tramo de paseo que se integra co terreo e topografía existentes e de ancho variable e que conecta cunha explanada empedrada contigua a un muíño , coa intención de poñer en valor e mellor uso de esta edificación que e utiliza como centro de información turística.

Os accesos norte e sur dende a vila de Leiro a este novo tramo de paseo fluvial están sendo acondicionados cos mesmos materiais que o resto do itinerario, alcanzando o tramo de actuación esa lonxitude de 210 metros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button