ConcellosTrivesÚltima hora

Os triveses contarán cunha pista multideporte que se instalará no colexio

Poderán facer uso dela tanto os escolares do CEIP Bermúdez Couso como o resto da veciñanza do municipio

Imaxe cedida.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de recibir no día de hoxe notificación pola que se aproba a “subvención preparada e xestionada dende o grupo municipal para a instalación dunha pista multideporte, que hoxe ve os froitos do traballo levado a cabo e que moi pronto será do uso e disfrute de todos e todas”, tal e como vén de anunciar o grupo de goberno trivés.

A pista será instalada no CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso e poderán facer uso dela tanto os nenos e nenas do colexio como o resto da veciñanza de Trives xa que logo, xunto coa presentación da solicitude, o Concello adxuntou un convenio subscrito entre a alcaldesa e a directora do CEIP para garantir o seu uso a toda a poboación.

Estas instalacións serán sufragadas entre o Concello e a Xunta de Galicia e estaran dispoñibles para público en vindeiras datas, tal e como adianta o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button