ConcellosO BarcoÚltima hora

Os usuarios do parque canino da Avenida do Bierzo do Barco piden a súa reparación

As súas demandas chegaban ao pleno do Barco en decembro a través dunha concelleira do PP, que pide que neste 2025 se repare

Cedida.

 

“Somos un grupo de usuarios do parque canino situado na Avenida do Bierzo no Barco de Valdeorras. Participamos neste pleno coa intención de expoñer as carencias e deterioracións observados neste parque ao longo dos anos desde a súa construción, debido á falta de mantemento e/o aos estragos provocados por axentes climáticos etc”. Así comezaba a carta que a concelleira do PP, Dosinda Arias, lía no pleno ordinario que a Corporación municipal do Barco celebraba o pasado 12 de decembro.

Na misiva tamén se detallaban aqueles elementos ou partes deterioradas ou que necesitaban un mantemento: falta dunha fonte funcional para os cans, a porta de entrada rota, dous bancos rotos, árbores cuxo froito é perigosos para os cans, buratos en todo o recinto que causan acumulación de auga cando chove, a parte do circuíto ten zonas deterioradas, falta de iluminación… Neste senso, este grupo de usarios pedían que “se inspeccionen e se executen as melloras correspondentes ao parque canino para que cumpra a súa función de saúde e lecer, corrixindo polo menos as deficiencias que se enumeran”.

Nesta sesión, o alcalde do Barco, Alfredo García, comentaba que tomaba “nota dos desperfectos, co cal, xa estaban anotadas as solucións, que son arranxar os desperfectos. Tomamos nota, agora e irémolos velas e trataremos de arranxalas coa maior rapidez posible, se ben é certo que o Nadal é mala época para facelo porque a xente colle vacacións e demais e hai máis actuacións que facer”.

A día de hoxe, o parque canino segue presentando as mesmas deficiencias, polo que a concelleira do PP lembra esta solitude veciñal e manifesta, como desexo para este ano novo, que o grupo de goberno actúe para corrixilas.

Back to top button