Desde o 11 de outubro, e ao longo dos vindeiros tres días os preto de trescentos mil usuarios do Servizo Galego de Saúde na provincia de Ourense recibirán unha mensaxe no seu móbil, vía SMS, que o informará de que a partir de agora, si o desexa, o Sergas lembraralle as súas citas no hospital, probas etc..
Así, se o desexan, recibirán, ademais dunha mensaxe de aviso de próximas citas, detallando data, hora e lugar onde debe acudir, así como información sobre campañas sanitarias, como a da vacinación da gripe, alertas sanitarias concretas, e incluso resultados das súas probas de cribado.
“O obxectivo desta novidosa iniciativa é dar un novo servizo á cidadanía, especialmente pensando nas persoas maiores ou con moitas consultas, ademais procurar contacto mais achegado a cidadanía, por medio das novas tecnoloxías, cunha información cada vez máis personalizada, a fin de conseguir unha maior eficiencia na atención asistencial con mais facilidades aos usuario. Ademais, para recibir a mensaxe, non se precisa dun teléfono móbil de alta gama ou con conexión a internet”, segundo a EOXI ourensá.
Xunto a elo, con esta medida, os usuarios poderán comprobar que teléfono móbil está asociado a súa tarxeta sanitaria ou CIP (codigo de idenfificación persoal que figura na tarxeta na parte central con números e letras) corrixindo así posibles errores ou actualizando os seus datos, se comproba que non lle chega a mensaxe nos próximos tres días, ou lle chega dunha persona á que xa non está. Para elo tan só é preciso acudir ao seu centro de saúde.
