DeportesÚltima hora

Os valdeorreses Mateo Valcarce e Paula Cela, no Campionato de España de marcha en ruta

Os atletas do Adas, Mateo Valcarce e Paula Cela, nunha competición nacional anterior/ Foto cedida.

 

Despois da celebración autonómica de marcha en pista do pasado 16 de novembro en Pontevedra, novamente un total de once atletas galegos e galegas estarán tomando parte esta fin de semana no Campionato de España de marcha en ruta de inverno para as categorías Sub16, Sub18 Sub20 e máster, prevista en Castro Urdiales (Cantabria), tal e como vén de facer público a Federación Galega de Atletismo.

Entre eles figuran dos valdeorreses do Club Adas Cupa do Barco. Trátase de Mateo Valcarce, campión galego Sub16, e de Paula Cela, que foi prata no campionato galego. Ambos competirán o 8 de decembro na proba de 3 km

Ata a cidade cántabra acudirán outros galegos de referenza como a subcampioa mundial Sub20 do pasado mundial de Turquía Aldara Meilán da Atlética Lucense, quen reaparace esta tempada coa mente posta nas importantes citas internacionais do 2025. A lucense tomará parte na proba dos 5 Km xunto a Natalia Rivas do Ría Ferrol.

Na categoría máster, presenza de igual modo do múltiple campión mundial e europeo Juan Manuel Morales do Marineda Atlético quen parte como claro favorito na categoría M40.

A maiores, en Sub16 Alba Morales do Marineda Atlético e Mateo Valcarcel e tamén os campións autonómicos Sub18 Icia Ares do Ourense Atletismo e Nicolás Collazo do Ames Atletismo Savante, completan a relación máis destacada.

Back to top button