DeportesÚltima hora

Os valdeorreses Mateo Valcarce e Paula Cela, ouro e prata no galego de marcha en pista Sub16

Mateo Valcarce e Paula Cela, tras subirse ao podio./ Cedidas.

 

Destacada actuación valdeorresa no XVII Campionato da Xunta de Galicia de Marcha en Pista que se desenvolvía esta mañá en Pontevedra. Así Mateo Valcarce (Club Adas Cupa), que tomaba a saída na proba dos 3 km marcha Sub16 facíase co título. Completaba a proba nun tempo de 14:15.964.

 

 

 

Ademais, este campionato galego era a derradeira proba do circuíto galego de marcha, no que Mateo quedaba así mesmo primeiro.

 

 

Nesa mesma proba, a súa compañeira de club Paula Cela conseguía tamén subirse ao podio, ao clasificarse segunda, cun rexistro de 16:26.63. Soamente era superada por Alba Morales (Marineda Atlético).

 

 

Fotos cedidas.

 

Os atletas valdeorreses co reto de participantes na categoría Sub16 do galego de marcha/ Foto: FGA.
Back to top button