CarballedaConcellosÚltima hora

Os xardíns temáticos de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) xa lle sorrín ao inverno

 

Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) xa lle sorrí ao inverno. Nesta fin de semana, coincidindo coa entrada do inverno meteorolóxico (1 de decembro) esta localidade mudaba a imaxe dos seus xardíns temáticos para darlle a benvida a esta estación.

 

 

De novo, botando man da artesanía e dunha creatividade, así como de materiais da zona como a madeira, estes xardíns están coidadosamente decorados con elementos propiamente invernais como un esquiador deslizándose polos cumes de Pena Trevinca, un boneco de neve, unha nube descargando folerpas, escenas da matanza tradicional, veciños asando un chourizo ao calor do lume… Esta orixinal iniciativa supón, un motivo máis para achegarse ata Sobradelo nestas datas.

Fotos cedidas.

 

Back to top button