DeportesÚltima hora

Os ximnastas ourensáns que estarán no mundial de Tokio fotografíanse en Parada de Sil

 

Entre os días 5 e 8 do vindeiro mes de decembro disputarase en Tokio (Xapón) o Campionato do mundo por idades no que o Club Ximnasia Pavillón de Ourense terá unha importante presenza posto que a federación española desta disciplina seleccionou a 9 ximnastas ourensáns.

Estes deportistas escollían a Ribeira Sacra e o canón do Sil en Parada de Sil para fotografarse coa malla da selección española que lucirán no evento mundial. “Contribúen así a difundir a imaxe da Ribeira Sacra no camiño de conquerir a Declaración de Patrimonio Mundial da Humanidade”, destaca o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Paco Magide.

Estes atletas competirán no Ariake Gymnastics Centre de Tokio, recentemente inaugurado e construído para os próximos xogos olímpicos de ximnasia de Tokio 2020.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button