
En plenas festas de Santa Rita, no Barco de Valdeorras, o equipo xuvenil do Pizarras Tres Cuñados FS, flamante campión de liga, comeza este sábado 23 de maio a fase de ascenso á Liga Galega.
A primeira eliminatoria do play off será contra Mosteiro Bembrive FS de Pontevedra, ás 18:30 horas no pavillón de Calabagueiros.
