DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima horaVídeos

Os xuvenís do Tres Cuñados FS reciben un recoñecemento do club por gañar a liga

 

A aposta do Pizarras Tres Cuñados FS pola base está máis que demostrada, con varios equipos competindo pero hoxe máis que nunca demostraron o orgullosos que están dos xogadores das categorías inferiores, especialmente do equipo xuvenil que vén de gañar a liga.

 

 

En recoñecemento a este gran logro, preparándose agora para a Copa Deputación Ourense de fútbol sala, así como as eliminatorias do play off de ascenso á Liga Galega, na tarde deste sábado 21 de febreiro eran recibidos polo primeiro equipo e o seu rival, o Cesures FS, antes do partido de liga no pavillón municipal de Calabagueiros, onde lles facían o pasillo entre os aplausos do público e recollían un detalle do propio club.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button