SanidadeÚltima hora

Ourense celebra o Día Mundial da Diabete

Diversas autoridades na visita realizada á carpa instalada na rúa Paseo con motivo do Día da Diabete./ Foto cedida.
Diversas autoridades na visita realizada á carpa instalada na rúa Paseo con motivo do Día da Diabete./ Foto cedida.

Con motivo da celebración do Día Mundial da Diabete, a Asociación Diabética Auria insatalaba na mañá do 14 de novembro un posto informativo na rúa do Paseo en Ourense. Nel achegaba información sobre esta doenza, dos tipos de diabete que existen ou de como se trata. Esta entidade traballa en Ourense co fin de “mellorar a calidade de vida das persoas diabéticas e dos seus familiares”.

Proba realizada a unha das persoas na carpa. Foto cedida.
Proba realizada a unha das persoas na carpa. Foto cedida.

Nestas carpas durante todo o día realízanse probas para controlar esta doenza como controis de glicemias ou medicións de tensión ocular, ademais de incidir na importancia de promover actividades de prevención da patoloxía e a concienciación da poboación. Foron moitas as persoas que pasaron durante a mañá, entre elas, non faltaron autoridades como a xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco, Eloína Núñez; a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; ou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

diabe2

Por outra banda, pola tarde, en concreto ás oito, as Burgas tinguiranse de azul, con motivo desta data e co fin de visibilizar a enfermidade na sociedade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button