OurenseÚltima hora

Ourense oferta unha vintena de cursos de envellecemento activo neste ano

700 ourensáns maiores de 60 anos participarán nestas actividades
Fabiola García, Jesús Vázquez e Sofía Godoy. // Foto: Carlos Asensio.

O Auditorio de Ourense acolleu hoxe, 11 de xaneiro, a presentación dos cursos de Envellecemento Activo que promove a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense. En total son 24 cursos os que oferta este programa que arrancan o vindeiro día 15 de xaneiro. Segundo as cifras achegadas polo consistorio, serán case 700 ourensáns maiores de 60 anos os que participen nestas actividades.

A este acto de presentación acudiu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que felicitou aos asistentes por manterse activos: “Non nos podemos permitir o luxo de pararnos en ningún momento”, dixo. Xunto a el, tamén estivo a concelleira de Servizos Sociais, Sofía Godoy, e a directora xeral de Maiores da Xunta de Galicia, Fabiola García.

Segundo apuntan dende o Concello, as actividades máis demandadas foron as de exercicio físico, seguidas dos cursos de informática e dos de estimulación cognitiva. Estas actividades organizáronse en 39 grupos para realizar 24 cursos: ioga e tai chi, teatro, inglés, risoterapia, tai chi qigong, memoria , “coaching” para maiores, animación á lectura, mantemento físico e estimulación cognitiva, manualidades creativas, pilates, iniciación á informática e manexo do móbil, internet avanzado, natación, aquagym, relaxación, o valor da experiencia, primeiros auxilios, musicoterapia, ximnasia mental e ximnasia terapéutica.

Ao acto acudiron algúns dos participantes nestes obradoiros.

Artigos relacionados

Back to top button