
O vindeiro 17 de agosto a partir das 20h. a localidade de Oval, no municipio de Rubiá, converterase novamente en punto de encontro de numerosas persoas. Acollerá o que será xa a súa 13ª edición da Convivencia nas Adegas, na que os asistentes poderán desfrutar de degustacións de viños e petiscos nas adegas de Oval.
A celebración estará amenizada pola charanga Os Charangaiteiros. O prezo da entrada, co que se dará unha cunca, será de 15 euros. E, despois do percorrido polas adegas, a festa continuará con baile a carto de MC Experience “Dj Charry” dende as 23h.
Esta celebración estará novamente organizada pola Asociación das Adegas Oval.
