EconomíaEconomíaÚltima hora

Ovica pide que o sector ovino e cabrún sexa incluído nos adiantos do pago da PAC 2024

Esta asociación vén de emitir un comunicado amosando o seu posicionamento

Foto: A.R.

 

A Asociación de Criadores de Ovino e Captrino de Galicia (Ovica) emitía neste mércores 30 de outubro un comunicación para dar a coñecer o seu posicionamento “ante o anuncio da Xunta de adiantos do pago da PAC 2024”.

Así din que o pasado luns, día 21 de outubro de 2024, “o presidente autonómico Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno vai aboar cun mes de adianto, respecto de pasadas campañas, o chamado “anticipo” dos pagamentos directos da PAC referentes á solicitude única 2024. Este adianto corresponde á pagamentos para o sector vacún, tanto de leite como de carne, que representa un 75% das solicitudes da PAC en Galicia. O obxectivo é que as persoas beneficiarias conten cun fluxo de efectivo para facer fronte aos seus gastos operativos durante o presente ciclo agrícola”.

Neste senso, dende Ovica demandan que “o sector ovino e cabrún sexa incluído nestes pagos adiantados posto que as persoas titulares de granxas de ovellas e cabras tamén teñen gastos operativos aos que facer fronte. Cremos que é importante apoiar o noso sector xa que somos a primeira liña de loita contra incendios, facendo efectiva a limpeza dos montes en moitas zonas nas que non sería posible facelo con outro tipo de gando. Ten, ademais, unha gran potencialidade nunha comunidade como Galicia na que o despoboamento no rural e o abandono de terras agrarias é unha gran problemática. Por isto consideramos que a administración debería apoiar para que se converta nunha posibilidade real de actividade agrogandeira, poboando o rural e mantendo a nosa paisaxe”

Artigos relacionados

Back to top button