OpiniónSanidadeÚltima hora

Pacientes agradecidos polo traballo do médico de familia, Dr. Manuel, no Centro de Saúde de Trives

Carta ao director de Olga Álvarez e dun grupo de pacientes deste médico de familia na Pobra de Trives

 

Nestes días, con moita tristeza, temos que despedirnos do noso médico de familia, Doutor Manuel, e non queremos facelo sen agradecerlle, en nome propio e da maioría dos pacientes, o seu bo facer, a súa simpatía porque sempre recibiunos cun sorriso, pola súa paciencia escoitándonos, pola súa preocupación como bo profesional, nunha palabra, pola súa empatía con todos os pacientes.

Na nosa opinión e no concepto que temos de médicos de familia, polos poucos medios dos que dispoñen, o que lles queda é empatizar co paciente sabendo escoitar, aplicar os seus coñocementos profesionais, enviarlles probas ou derivalos a outros centros se consideran oportuno. Todo isto, o noso Doutor Manuel sabe facelo xenial.

Non podemos entender como a administración non dá solución ao problema que temos, creando os dous postos e convocándoos para ter estabilidade profesional. Este Centro de Saúde é un centro de tránsito para profesionais, son benvidos e cando comenzan a coñecer ao paciente, por circunstancias persoais ou profesionais, marchan.

A poboación deste concello, na súa maior parte, está formada por persoas maiores e necesitamos estabilidade para poder confiar no profesional. Que nos escoiten e nos entendan (ti Manuel sabes facelo moi ben), é o 50% da cura. É encomiable o traballo que realizan os médicos de familia, xa que deles depende a saúde mental e física dos pacientes, tarefa moi importante xa que un bo estado de saúde repercute no benestar social e económico. Estaríamos más felices e reduciríase o gasto farmacéutico.

En nome da maioría dos pacientes e no meu propio, queremos expresar o noso agradecemento pola súa dedicación e o bo traballo profesional durante o curto período que estivo connosco.
Moitas grazas e os nosos mellores desexos.

Asinado:

María Olga Álvarez e o grupo de pacientes agradecidos que senten e pensan o mesmo.

Artigos relacionados

Back to top button