Con dúas medallas regresa a Valdeorras o atleta veterano Paco Bao, do Club Adas Cupa do Barco. Participaba neste 1 de febreiro no XX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Máster en Pista Curta, que se desenvolvía na pista cuberta de Expourense.

Pola mañá facía o salto de lonxitude, no que se facía co ouro na categoría M75 e, pola tarde, chegaba o seu segundo metal, unha prta no lanzamento de peso. “Ouro e prata, a colleita de hoxe”, comenta satisfeito o valdeorrés.
Fotos cedidas.
