CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Paco Campos presenta o seu novo disco “Cantarenas na noite” esta tarde no Barco

Será a partir das 20:30h. no Teatro Lauro Olmo, con entrada libre

Cedida.

 

O acto e músico valdeorrés Paco Campos presentará na tarde deste 21 de decembro no seu novo proxecto, estreitamente vinculado a esta comarca. Trátase do seu disco “Cantarenas na noite”, que dará a coñecer a partir das 20:30h. no Teatro Lauro Olmo do Barco, con entrada libre.

Cos versos de Florencio Delgado Gurriarán como fío condutor, xunto coa súa experiencia vital dentro e fóra de Valdeorras, nacía hai un par de anos o espectáculo “Cantarenas na noite”, co que Campos establecía un diálogo entre voz poética, testemuños e música. Con el percorría ao longo do 2022, ano no que as Letras Galegas homenaxeaban ao poeta corgomés, diferentes escenarios. Daquela “Florencio voltou para ficar”, dicía este actor e músico. E mostra dese regreso xurde este novo traballo que compartirá co público esta tarde no Barco.

 

Back to top button