En portadaÚltima hora

Panxoliñas, chocolate e biscoitos, no peche do Mercadiño de Nadal do Barco

 

Especialmente concorrido estaba na tarde deste domingo 22 de decembro o Mercadiño de Nadal do Barco, que reunía dende a mañá do sábado, a uns 35 expositores de diverso tipo, entre produtores, artesáns e asociacións, na praza do Concello da vila.

A partir das 18h. os máis pequenos convertíanse en protagonistas cun recital de panxoliñas, na mesma praza, no que actuaba o alumnado do CEIP Otero Pedrayo de Viloira, do CEIP Condesa de Fenosa e do Colexio Divina Pastora. Todos os rapaces participantes recibían unha galleta agasallo pola súa actuación.

 

 

Despois, comezaba a servirse chocolate ben quentiño, con biscoitos, e ao recibilo podía facerse unha doazón económica destinada ás asociacións benéficas presentes no mercadiño de Nadal. Finalmente, procedíase ao sorteo da cesta navideña cos produtos da mostra, entre as persoas que realizaran compras na mesma.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button