ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil celebra o Día da Muller conectando xeracións e valorando o emprendemento

 

As celebracións do Día Internacional da Muller en Parada de Sil deixábanse nesta ocasión para o sábado 15 de marzo. Proxectáronse unhs vídeos gravados a mulleres maiores deste municipio nos que contaban a súa experiencia de vida e logo tamén participaron nesta actividade tres muller xóvenes emprendedoras no concello en distintas actividades. Dúas delas están vinculadas ao sector primario, adega e gandería, e a outra ao sector servizos.

Ademais, colocouse na mesa a nenos e nenas que lían as diapositivas e facían preguntas , participando activamente no reparto dunha cesta de recordo aos asistentes e do chocolate que degustaron o remate.

Na preparación desta iniciativa, como vén sendo habitual, a presidenta da ANPA Os Noviños, Leticia González.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosa a súa satisfacción e agradecemos a ANPA Os Noviños e ás persoas asistentes, animándoas a seguir loitando polos dereitos das mulleres, e máis nestes tempos convulsos.

Fotos cedidas.

Back to top button