Parada de Sil tamén se suma ao Samaín, nunha celebración organizada pola ANPA Os Noviños, coa súa dinámica presidenta á fronte, Leticia Rodríguez. Despois dunha semana de taller de disfraces, onde tamén se preparaban as cabazas, neste sábado 31 de outubro tiña lugar o desfile.
Os participantes percorrían Fondodevila, os restaurante de Parada e a localidade practicando o truco ou trato. Tamén había túnel do terror e para finalizar e aparcar os sustos: unha merenda. Esta actividade contaba coa colaboración do Concello de Parada de Sil.
Fotos cedidas.
