Máis de 20 emprendedores e algúns veciños reuníanse no salón de actos do Concello de Parada de Sil para acudir á presentación dun manuel de boas prácticas na Rede Natura, da man da empresa Sherpa Proyect, cuxos representantes eran Guti Martín e Cristina Yudego. Tamén asistían algunhas persoas de concellos limítrofes así como a técnico do GDR Sil-Bibei-Navea, feito que satisfizo ó alcalde Aquilino Domínguez dado que as recomendacións que se fan son aplicables noutros lugares e por suposto en todo o Cañón do Sil.
Os potentes valoran positivamente o feito de que a veciñanza apreciase a riqueza paisaxística do canón, o que poideron comprobar durante o traballo de campo.
Os estudos feitos avalan un certo impacto sobre o Castiñeiro singular de Entrambosríos, Os Balcóns de Madrid e Foxo do Lobo así como sobre O Mosteiro de Santa Cristina que maioritariamente consiste en deixar lixo, papeis, grafitear sobre as mesas ou paneis informativos, así como facer sendeiros alternativos ou atallos nas rutas de sendeirismo.

Pproxectouse dito manual que se poderá descargar dun código QR instalado en tosos os negocios do concello e no que as súas recomendacións ten como obxectivo manter a paisaxe ambiental e cultural pola que o Concello leva apostando dende o 2007 e que é o elemento que trae a Parada de Sil e á Ribeira Sacra visitantes que xeneran riqueza nos negocios neste municipio e na zona da Ribeira Sacra. Tamén se fixo a proxección duns vídeos de curta duración e que os visitantes poden tamén descargar da páxina web do concello da pestaña de Rede Natura, e que ten como tema os sendeiristas, os cicloturistas, a paisaxe ambiental e a paisaxe cultural.
Por último informouse de que nesa web do concello pódese descargar un catálogo de árbores senlleiras feito neste programa e que o concello pretende estender fora de Rede Natura a todas as parroquias do concello xa que das nove parroquias só tres están en Rede Natura.
Estas actuacións leváronse a cabo cunha subvención convocada pola Consellería de Medio ambiente para concellos situados en Rede Natura.
Fotos cedidas.
