Despois das melloras a estrada de titularidade municipal que conduce a Requián e melloras nos accesos a Senra e Escabadas, o Concello de Parada de Sil inicia agora “unha importante e necesaria actuación nun núcleo da Ribeira”, tal e como informa o grupo de goberno local.
Dentro do Plan de obras da Deputación do 2023, “que non se puido executar antes por varios imponderables”, rematou unha obra na que o alcalde tiña empeño en realizar “porque facilita o acceso a un pobo espectacular olas súas vistas oa encoro do Sil”, que é a localidade de O Porto, asegura o rexedor Aquilino Domínguez.
Producirase un derrubo de un muro e alcade decidiu levar a cabo “unha obra con perspectiva de futuro neste pobo, rodeado de viñas e castiñeiros e no que se están a rehabilitar algunhas vivendas polo que a opción foi facer un aceso practicamente novo por importe de 57.978,36 euros”.
Durante o verán levaranse a cabo obras de mellora en Forcas e outros lugares do concello.
