ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil continúa na súa aposta por un turismo sostible

Cedida.

 

Pese á meteoroloxía totalmente adversa desta Semana Santa, o Concello de Parada de Sil cualifica como “boa” a ocupación hoteleira rexistrada no municipio nestas datas festivas, “puidendo darse, a falta dunha contabilidade exacta, unha cifra superior ao 85%, chegando nalgún caso ao 100%, coa mesma porcentaxe nas casas rurais”.

Tamén os restaurantes estiveron practicamente cheos, aínda que sen moitas colas de espera. Neste senso cabe salientar a apertura dunha nova tapería a cargo dun mozo do concello, “Candea”, a quen o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, lle desexa “a mellor sorte posible”. Nesta semana na que abriu o xoves e tivo unha boa ocupación.

Salienta o técnico coordinador da oficina de Turismo de Parada de Sil, Fernando Souza, que en canto as visitas ao mosteiro “houbo menos que outras ocasións na mesma época, pero en toda a semana pode darse unha cifra en torno a mil visitas, sendo o Venres Santo o día con máis asistencia, con 212 visitantes que utilizaron o bus lanzadeira que o Concello voltou a pór en marcha estes días e continuará nos meses de xullo, agosto e parte de setembro.

Se ben o autobús diminúe as visitas, o Concello sigue coa súa aposta por evitar a contaminación e a masificación do Monasterio de Santa Cristina, valorando que “é algo que veu para quedarse”. Así mesmo por primeira vez os visitantes para agardar a subida ó bus puideron utilizar unha marquesiña instalada ó lado do concello, que nestes días de choiva foi algo útil.

Artigos relacionados

Back to top button