ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil dá un pulo á formación en materia de dixitalización

 

O Concello de Parada de Sil aposta por impulsar o uso da dixitalización. “Conscientes da importancia do uso das novas tecnoloxías e das dificultades da pobación do rural para acadar un bo coñecemento das mesmas”, di que está a por en marcha dúas actuacións.

Por unha banda, e en colaboración doa ONG Arca de Noé, a través do GDR Sil Bibei Navea estase a desenvolver un curso de 100 horas en horario de maña e tarde todos os xoves ata o día oito de agosto nos que se ensina ós asistentes ó manexo destas tecnoloxías e a facelo con seguridade.

 

Por outro lado e da man de INECO-RURALTIC do Ministerio de Transportes, dous enxeñeiros están este días en Parada de Sil e desenvolverán catro talleres. O primeiro será o 27 de maio e farán unha explicación sobre os drons, uso, manexo e outras información dado que un é enxeñeiro aeronáutico así como tamén achegará aos cativos un mellor coñecemento sobre porqué voan os avión.

Haberá dous talleres sobre trámites de dixitalización para a cidadanía onde se explicará a comunicación segura por correo electrónico, certificado dixital,dita médica e administrativas , banca dixital, estafas on line e ciberseguridade, que serán o 28 e o 30 de maio.

 

 

O 28 de maio, segundo informa o alcalde Aquilino Domínguez, o taller está máis orientado cara ás empresas tanto de agricultura e gandeiría, como de comercio e hostelería, explicando pormenorizadamente o Caderno Dixital, o Kit dixital e Google empresas. “Sempre intentando que o rural non se quede atrás e a finalidade desta pulo a dixitalización”, comenta o alcalde, Aquilino Domínguez.

Artigos relacionados

Back to top button