ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil estrea marquesiña no punto de recollida do bus lanzadeira ao mosteiro de Santa Cristina

 

O Concello de Parada de Sil, municipio declarado de interese turístico pola Xunta de Galicia, e un dos dous da provincia de Ourense que conta con distintivo de Bandeira Verde, segue a facilitar o acceso de visitantes aos seus recursos, neste caso ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

“Co animo de facilitar a espera dos visitantes para coller o bus lanzadeira tanto en Semana Santa como nos meses de verán e evitar ben as choivas ou o calor, o Concello vén de colocar unha marquesiña á beira da casa consistorial, marquesiña que se colocou coa colaboración do Inorde, organismo que entende o potencial turístico deste concello así como o esforzo que fai para atraer cada día a máis visitantes”, explican dende o Concello.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quere agradecer a colaboración do Inorde e salienta que “só coa colaboración institucional é posible seguir traballando neste eido da promoción turística”.

Artigos relacionados

Back to top button