ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil homenaxea á castaña con dúas andainas e co tradicional magosto

 

Nesta fin de semana, en concreto o sábado 26 de outubro, tiña lugar a XVII edición da Andaina da Castaña e a Andaina para cativos en Parada de Sil, organizadas polo Club de Montaña Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Parada de Sil.

Na proba dos adultos tomaban parte 169 andaríns, dos que o máis veterano era Roberto Jablowski, de 80 años, e a máis veterana, Francisca Gómez, de 70 anos. Na andaina infantil participaban 19 rapaces, sendo o de menor idade Mateo Magide, de ano e medio, polo que o relevo está garantido.

 

 

Ademais, pola tarde podía desfrutarse do magosto, onde os camiñantes podían repor forzas e desfrutar dunha das primeiras destas celebracións que renden homenaxe á castaña en Ourense e o primeiro dos distintos que se celebran no concello. Nel dábanse cita máis de 200 persoas.

Fotos cedidas.

 

Back to top button