ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil mellora o abastecemento de auga de dous núcleos

 

Coa pretensión de seguir mellorando a calidade de vida da veciñanza, o Concello de Parada de Sil está levando a cabo unha obra de mellora da traída de augas aos núcleos de Teimende por un importe de 20.971 euros do Fondo de Compensación Ambiental que corresponde ao Concello.

“A obra consiste en levar auga dende unha captación existente a un depósito de reserva e, en caso de necesidade levala ao depósito de Teimende, evitando un posible desabastecemento como ocorreu o pasado verán”, tal e como explica o alcalde, Aquilino Domínguez.

 

 

A outra localidade que verá mellorada a distribución de auga é Caxide. Neste caso, o concello investirá 18.496,50 euros procedentes do Plan Único da Deputación. Neste caso, segundo informa o alcalde, unha parte do núcleo tiña moi pouca presión de auga e agora dende a tubaría xeral farase unha nova acometida polo que se resolve este problema.

 

Back to top button