ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil pon en marcha o dispositivo contraincendios

Membros da brigada de Parada de Sil, co alcalde./ Foto cedida.

 

O Concello de Parada de Sil vén de contratar (mediante un convenio coa Xunta de Galicia que subvenciona os contratos) a tres chóferes de motobomba e catro brigadistas, durante tres meses.

No inicio desta campaña antiincendios, o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, pídelle “unha vez máis á Xunta de Galicia a substitución da motobomba actual, que ten unha antigüidade de cerca de 30 anos, por outra en mellor estado para poder facer unhas prestacións mellores dado que a nosa paisaxe vai a ser Patrimonio Mundial da Humanidade e, polo tanto, require dunha atención e cariño especial na súa conservación. E esta motobomba alcanza unha velocidade máxima de 40 kilómetros hora”.

A brigada antiinciendios estará a dispor do distrito forestal para ir a onde se requira a súa presencia pero tamén o alcalde lle organizará traballo na limpeza de camiños e “no que sexa necesario”, insistindo en que os tres meses de contrato “son poucos”. O rexedor tamén reclama, na liña de prevención, que os contratos se fagan no mes de abril ou maio para chegar ao verán coa limpeza e desbroces feitos.

Artigos relacionados

Back to top button