ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil rende homenaxe a Ramón Gómez no marco da celebración das Letras Galegas

Este sacerdote, que defende o uso do galego, poñía en marcha o Proxecto Home en 1990

 

Dun xeito moi especial vén de conmemorar neste 10 de maio as Letras Galegas o Concello de Parada de Sil. Dende o 2008 este Concello da Ribeira Sacra festexa esta data o sábado anterior ao 17 de maio homenaxeando a unha persoa que poña en valor a este municipio e a lingua galega.

 

 

Nesta ocasión a persoa distinguida era Ramóm Gómez Crespo, fundador do Proxeto Home en Galicia por tres ramas fundamentais, segundo afirma o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez: “a súa ética, o seu labor a prol dos demais e o uso do galego na liturxia dende o o seu inicio, aínda que non estivera ben visto nin na cúpula da igrexa nin en moitos fregueses”.

 

 

A laudatio de Ramón Gómez corría a cargo do xornalista Lalo Pavón, quen puxo de relevo o seu labor na Igrexa e fóra dela, na veciñanza, e o “Proxecto Home”, que leva atendido máis de 40.000 usuarios nos seus centros terapéuticos en Galicia.

 

 

O vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández fixo un breve relato da persoa de Ramón Gómez salientando a entrega aos demaís e ao cumprimento de moitos obxectivos. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices explicou que Ramón era unha persoa tenaz e con moita capacidade de convicción polo que sempre arrincaba das administración as axudas necesarias para realizar os seus proxectos, todos cun resultado magnífico.

Ademais, no acto o alcalde facía entrega dunha placa ao homenaxeado que recolle as tres motivacións polas que se fai este acto dende Parada de Sil, nun salón de actos totalmente cheo e con pantalla no exterior.

 

 

Dende a alcaldía tamén se manifestaba a satisfacción de contar neste acto cunha importante representación institucional. A continuación procedíase á lectura da acta do xurado que otorgaba os premios do XIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil. O alcalde de Parada de Sil agradecíalle ao xurado do certame o seu “ímprobo traballo, feito ademais de xeito altruísta”. Este galardóns recaían en Macarena Expósito de Sevilla co primeiro premio os microrrrelatos en castelán, e Diego López co primeiro premio os microrrelatos en galego, recaendo este ano por primeira vez o segundo premio xeral nun microrrelato en galego.

 

 

O acto estivo acompañado por actuacións da Coral Vellos Amigos de Manolo de Dios e concluía cuns petiscos nun retaurante do concello. Alí o rexedor agradecía a e o alcalde agradecía a numerosa presenza da veciñanza.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button