
Continúan as actuacións do Concello de Parada de Sil co ánimo de mellorar ós accesos a núcleos do municipio. Desta volta intervíñase no acceso a unha parte de Parada de Sil, O Recanto, que ademais forma parte do acceso aos Balcons de Madrid, onde o Concello vén de facer un investimento de 47.330 euros.
Por outra banda, na praza de O Curtiñeiro, moi usada pola veciñanza e os visitantes, vén de facerse unha obra que humaniza dita praza nunha das dúas estradas que a delimitan, xa que a que dá acceso ao centro médico. Nesta praza celébranse moitas actividades con cativos e maiores ao aire libre e mesmo é o lugar onde se desenvolve o campionato de bolos, xogo tradicional que está a se impulsado.
Cunha subvención competitiva de infraestuturas municipais de 35.000 euros concedida pola Xunta, o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, decidía levafr a cabo unha mellora da estrada colocando adoquín unha parte da mesma, soterrando os cables da luz, canalizando as pluviais e tapando os contenedores de lixo para dar unha mellor imaxe dunha das zonas máis transitadas polos visitantes, polo que o Concello aportou de fondos ropios 12.300 euros,
“Esta zona é unha das máis visitadas de Parada para ir aos Balcóns de Madrid e leva mellorándose dende fai anos, soterrando o cableado e quitando o formigón nela e colocando pedra na Praza Rosa Pons, ao lado mesmo, quitando o formigón que cubría o lavadoiro e reconstruíndoo tal como era, así como colocando o adoquín na outra rúa que bordea O Curtiñeiro e conduce ao Centro de Saúde”, segundo o alcalde, Aquilino Domínguez.