
O Concello do Barco vén de informar de que, dentro das actividades da Primavera das Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras, organiza un percorrido urbano gratuíto pola beira do río Sil, guiado pola responsable da Oficina de Dinamización Turística do Barco.
Terá como título “#Paseaobarco” e será ás 17h. e comezará no campo da festa.