OurenseÚltima hora

Pechan ao tráfico a Ponte do Milenio durante o mes de agosto por obras

Publicidade
O corte surtirá efecto dende o 27 de xullo a partires das 8h, aínda que nas fins de semana do 30-31 de xullo e 20-21 de agosto habilitarase un carril en cada sentido da circulación
Vista da enblemática ponte ourensá.
Vista da enblemática ponte ourensá.

A emblemática Ponte do Milenio de Ourense pecha ao tráfico durante o mes de agosto para acometer diversas obras de mellora previstas pola Axencia Galega de Infraestruturas, tras 15 anos de historia. O corte farase operativo o vindeiro mércores 27 de xullo a partires das 8h, mais reabrirase parcialmente durante as fins de semana do 30-31 de xullo e do 20-21 de agosto. Durante estas xornadas habilitarase un carril en cada sentido da circulación. O peche prohibirá o acceso de tráfico rodado e de peóns.

As alternativas que propón a Policía Local pasan polo uso da Ponte Nova e da Ponte do Ribeiriño para manter o fluxo de comunicación viaria co barrio da Ponte e coa cidade.

En canto ás actuacións previstas na ponte, farase un selado de fendas, limpeza de corrosión e protección anticorrosiva dos elementos de aceiro do viaduto. Tamén se procederá ao revestimento dos pilonos cunha pintura acrílica que impida a penetración de auga. De igual xeito, aproveitarase para executar a impermeabilización completa da cara superior para elminar humidades e filtracións no seu interior.

Tamén se retirará a vexetación e canalizarase a auga cara os sistemas de drenaxe próximos. Borraranse así mesmo as pintadas e incluirase un vernizado nas zonas accesibles. Ademais, repararase o sistema de iluminación arranxando e repoñendo as luminarias deficientes e completarase todo cunha revisión do sistema eléctrico.

O orzamento de execución é de 548.628,12 euros.

Foto: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button