OurenseÚltima hora

Peche das xornadas de mesas do Sorteo de Ouro deste ano

A Cruz Vermella en Ourense contou co apoio do alcalde da cidade, que resaltou o labor da institución para coas familias máis necesitadas
O alcalde participou no peche das xornadas de mesa do Sorteo de Ouro da Cruz Vermella en Ourense.
O alcalde participou no peche das xornadas de mesa do Sorteo de Ouro da Cruz Vermella en Ourense.

A Cruz Vermella de Ourense puxo fin esta mañá ás xornadas de mesas do Sorteo de Ouro deste ano e para iso contou coa participación do presidente provincial da organización, Felipe Ferreiro, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez. O acto contou tamén coa actuación solidaria de Abelardo Basdem, artista dominicano afincado en Ourense.

“Estou encantado de acudir á invitación do presidente da Cruz Vermella Ourense”, explicou Vázquez, que reseñou a crecente importancia que este tipo de sorteos están a adquirir no conxunto da sociedade. “Aínda que ás veces só pareza un papeliño, cada vez que o mercamos, estamos facendo que haxa miles e miles de familias que logran saír adiante e iso é o importante”, apuntou.

O apoio do rexedor súmase ás colaboracións dos célebres cantantes María do Ceo e Sergio Dalma, dos monologuistas José Juan Vaquero, Nacho García e Álex Clavero ou da presidenta da Asociación de Libreiros de Ourense, Pilar Rodríguez, entre outros.

O sorteo celebrarase o vindeiro xoves 21 na localidade asturiana de Avilés. Dende a Cruz Vermella din que esta cita “non se contempla coma un sorteo máis, senón coma unha forma de axudar aos que máis o necesitan”.

Artigos relacionados

Back to top button