En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Percorrendo Trives tocando e bailando

Os VI Cantos de Taberna animaban o ambiente das rúas e dos locais de hostalaría da vila na noite do 26 de novembro

Botando man de todo tipo de instrumentos (dende pandeiretas, gaitas e acordeóns ata bombos) e, por suposto, cantando, unha decena de grupos sumábanse ao percorrido festivo dos VI Cantos de Taberna de Trives na tarde noite do 26 de novembro.

Este traxecto lúdico, musical e mesmo gastronómico comezaba cunha reunión de todos os participantes a partires das sete da tarde na praza do Pilón. Dende aí cada un facía un circuíto diferente pola ducia de “tabernas festeiras”: A Cantina do Catro, Ardora, Bodegón, Boliche, Cafeto, Casanova, Paiño, San Martín, Manolo’s, Quintela, Sky e Troula. En cada un deles eran recibidos con bebidas e pinchos.

Ao completar o traxecto volvían encontrarse, desta volta na praza do Reloxo para a fin de festa. Esta sexta edición dos Cantos de Taberna ten sido organizada de novo pola Asociación Cultural A Caniceira.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button