ConcellosÚltima hora

Percorrido por Viana do alumnado de intercambio entre o IES Carlos Casares e o instituto polaco

Foto: Concello de Viana do Bolo.

 

Na mañá deste mércores 25 de febreiro celebrábase en Viana do Bolo unha actividade moi especial dirixida a parte do alumnado do IES Carlos Casares e os compañeiros polacos de intercambio, unha pequena ruta por algúns dos lugares máis representativos e emblemáticos do concello.

Dende o Salón de Plenos, onde se toman as decisións municipais; ou a Sala de Exposicións onde se mostran os elementos máis reprensativos do Entrudio; ata a Torre da Homenaxe e o seu museo que representa a forma de vida dos vianeses no século pasado (o fogar, as labores e oficios, etc.)

Tal como explican dende o Concello, durante a visita a rapazada mostrouse moi atenta ás explicacións que ofreceron tanto o alcalde, Germán García-Ávila como Jorge “Minas”.

 

Back to top button