Un ano despois da última mobilización, os traballadores de Iberdrola volvían concentrarse diante das oficinas da empresa na Rúa convocados pola CIG.
Na mañá deste venres 19 de xuño, coincidindo coa nova xornada de folga convocada para “forzar o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo e reclamar unha actualización salarial ao IPC”, o persoal xuntábase na entrada do edificio da empresa hidroeléctrica con altofalantes, bandeiras e parcartas para facerse escoitar.

“Hoxe estamos en folga porque levamos 11 anos cos salarios conxelados, mentres nos últimos 5 a empresa bateu records e beneficios nós levamos unha perda de poder adquisitivo do 20 % respecto do IPC”, explicaba o delegado de persoal da CIG en Iberdrola, Fran Puch, asegurando que “mentres a nós nos empobrecen perpetuamente, os directivos repartíronse un bonus de 280 millóns de euros e outro que aprobaron de 400.000 millóns de euros”, esquecendo que “somos nós, os traballadores, os que facemos posibles estes grandes beneficios”.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

