OurenseÚltima hora

O son do piano envolve o centro de Ourense

A praza Maior de Ourense era un dos catro escenarios do Piano Meeting ao longo do 23 de setembro. Este certame musical, que comezaba ao mediodía, desenvolvíase asemade no Xardín do Posío, no Parque de San Lázaro e nas Burgas.

Organizado conxuntamente polo Concello de Ourense, a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Cultura) e Viaqua, o Piano Meeting “quere converter Ourense no maior auditorio ao aire libre”, en palabras de Javier Otero Neira, director artístico do Piano Meeting.

Ademais dos participantes no concurso, no Piano Meeting había propostas abertas a todo o mundo como obradoiros para neófitos do piano. Dábase a oportunidade para que a xente da rúa, con coñecementos suficientes para tocar o piano, participase e puidese experimentar a inigualable sensación de tocar un piano en plena rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button