EconomíaEconomíaÚltima hora

Piden corredores seguros de transporte para servizos esenciais

representantes da asociación de transportistas por estrada Apetamcor reuníanse cos conselleiros de Infraestruturas, Medio Rural e Mar

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o conselleiro do Medio Rural, José González, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes da asociación de transportistas por estrada Apetamcor, que secunda o paro en Galicia e ten 1.300 asociados, para abordar a situación.

“O Goberno galego comparte a preocupación pola situación de asfixia que o sector do transporte de mercadorías está a padecer desde hai xa moitos meses, fundamentalmente pola escalada de prezos dos carburantes que os obriga a traballar a perdas”, tal e como sinala a Xunta.

Non obstante, neste escenario de emerxencia, “Xunta e Apetamcor chaman ao Goberno central a adoptar medidas inmediatas que pasan por establecer corredores seguros para blindar os servizos esenciais e acadar unha saída dialogada que poña fin a este colapso que está a causar danos que poden ser irreparables na comunidade”, tal e como se vén de indicar dende o goberno galego.

Na xuntanza, os representantes autonómicos e do sector do transporte tamén solicitaron ao Goberno de España que mentres “manteña ese diálogo, os corpos de seguridade do Estado, incluído o Exército se é necesario, deben actuar para impedir os actos violentos, garantir o abastecemento e asegurar que quen queira traballar poida facelo”.

Artigos relacionados

Back to top button