Na tarde do mércores 2 de abril, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, mantiñan en Santiago de Compostela unha reunión na que abordaban diversas cuestións de interese para o municipio.
Entre outros aspectos, analizaron a protección da paisaxe no concello e a importancia de prever posibles impactos que poidan afectalo así como a importancia de garantir que os proxectos que se desenvolvan dentro do territorio municipal cumpran a normativa ambiental vixente.