OurenseÚltima hora

A pista hidráulica de atletismo de Ourense xa está operativa

O recinto feiral de Expourense , onde se ubica, acolleu hoxe a inauguración desta instalación deportiva á que acudiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

A Pista de Atletismo de Expourense xa é unha realidade. Hoxe, 16 de decembro, celebrouse a inauguración oficial na que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo resaltou a súa esperanza de que Galicia “convértase en referente do atletismo de pista cuberta”. Neste acto tamén estivo presente o presidente do Consello Superior de Deportes, José Ramón Lete; a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Núñez Feijóo aproveitou a ocasión para anunciar que os días 3 e 4 de marzo de 2018 esta pista cuberta vai acoller o Campionato de España da categoría sub 20.

Tanto Marta Míguez como Jesús Vázquez coincidiron na importancia desta instalación deportiva elevándoa á “terceira máis importante de España, a primeira do Noroeste e a número 20 do mundo”.

Este acto inaugural coincidiu coa celebración das finais da IV Liga Abanca de atletismo en categoría de alevíns, benxamíns e infantís, e co Trofeo Inaugural Pista Cuberta, nas que, entre ambas as dúas probas, suman máis de 700 atletas entre adultos e cativos.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button