A RúaConcellosÚltima hora

Plan de mesas para a XVI Festa do Codillo da Rúa que se celebra mañá no pavillón

Festa do Codillo o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Para que cada quen sepa onde ten que sentarse, o Concello vén de facer público o plan de mesas para o xantar da XVI Festa do Codillo que se celebrará mañá, sábado 25 de xaneiro a partir das 14 horas.

 

 

Con respecto ao menú, o tradicional (consomé con picatostes, codillo acompañado de grelos, chourizos e cachelos, bica, bebidas, café e licores) incorpora este ano sorbete de limón ao cava de Almendralejo e La Torta. Como edicións anteriores irá acompañado dunha “táboa musical” de repetición con cada saída dos camareiros.

Artigos relacionados

Back to top button