ConcellosÚltima hora

Última hora: A muller foi vista por última vez na estación de bus por uns rapaces “en estado de enaxenación”, di a Policía

 

Fotografía da desaparecida cedida pola Policía Nacional.

A Policía Nacional está a buscar a esta veciña de Ourense que responde ao nome de Belén R.E. , de 57 anos. Segundo apuntan fontes policiais, o irmán da desaparecida denunciou a súa desaparición o pasado 19 de abril, aínda que a familia asegura que lle perderon a pista o día 7 deste mesmo mes.

Polo momento a investigación segue en curso e seguen abertas todas as hipótesis. O que si se sabe é que estivo vivindo na zona de Trives até hai pouco e que foi vista por última vez no domicilio da súa nai na rúa Cardenal Quiroga de Ourense e pouco despois, o día 21 ás 19:00 horas, a viron un grupo de rapaces na estación de autobuses de Ourense “en estado de enaxenación”, aseguran dende a Comisaría.

Por outra banda xa anunciaron que está en marcha a busca xeral canda Protección Civil, a Guardia Civil e a Policía Local nas zonas de montaña próximas á cidade. Segundo informaron fontes policiais, a muller asistía a congregacións consideradas non destructivas pero que si predicen a fin do mundo. O luns comezarán coa busca metódica.

Rúa Cardenal Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button