CarballedaConcellosEconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Preacordo entre Irosa-Samaca e a Comunidade de Montes de Portela e Trigal

Así o vén de facer público o comité de empresa (a través da CIG), que deixaba saír esta tarde ao camión con lousa que esta na praza de Samaca dende a pasada tarde

 

A primeira hora desta tarde chegábase a un preacordo entre a empresa Irosa-Samaca e a Comunidade de Montes Portela e Trigal para evitar o desafiuzamento das instalacións desta empresa no Trigal (Carballeda de Valdeorras). Así o veñen de facer público dende o comité de empresa. “De feito deixamos saír hai uns momentos ao camión que entrara onte á tarde para cargar lousa. Foi o presidente de Samaca-Irosa que nos pediu que o deixaramos marchar cargado de lousa, que xa saíu, porque se acadara un preacordo entre as dúas partes. Díxonos que falta a sinatura, pero que entre esta semana que vén e a seguinte que se rubricaría. O que non sabemos son as condicións dese acordo xa que o presidente non nolas quixo dicir ata que estea asinado”, informa o secretario comarcal da CIG, Francisco Moral.

Ademais o representante sindical sinala que agora mesmo o persoal está contento, pero que se van manter vixiantes ata que se asina o acordo e se saiba exactamente cal é. “Estamos contentos, pero ao mesmo tempo decepcionados. O noso obxectivo era manter os postos de traballo e non estamos conformes loxicamente porque non sabemos cales son as condicións, se ese preacordo vai durar ou non, pero o obxectivo está cumprido. Penso que as mobilizacións que fixemos e o apoio que tivemos e demais, algo debeu influír”, engade Francisco Moral.

Aínda así dende a CIG tamén matizan que “aínda non sabemos o que vai pasar o día 29 de novembro, nin nada, porque a partir do luns van a empezar a funcionar na praza de lousa de Samaca, pero non sabemos que vai acontecer co resto das instalacións o día 29

 

Artigos relacionados

Back to top button