ConcellosÚltima hora

Presentación das conclusións do proxecto “Con-fluencias”, na Casa Grande de Viloira (O Barco)

 

O Salón de actos da Casa Grande de Viloira (O Barco) acollía a partir das 17:15h. desta tarde de 23 de febrero a presentación das conclusións e materiais desenvoltos no proxecto “Con-fluencias-Cartografías fluviais contemporáneas con perspectiva de xénero”, realizado durante o ano 2023 en varios concellos de Valdeorras, dentro do programa de axudas do Instituto das Mulleres, do Ministerio de Igualdade.

O acto incluía a proxección dunha peza documental na que algunhas mulleres de Valdeorras falaban sobre o río Sil e foi creado por Sol Álvarez. Despois compartíase un audiopaseo coas voces de Mari, Chochi, Loli e Elena a través de Viloira e O Barco.

Esta iniciativa, coordinada por Outonía, contaba coa participación dos concellos do Barco de Valdeorras, A Rúa, Vilamartín e Petín. Nesta presentación, aberta a poboación en xeral, estaban os participantes no proxecto, así como representantes dos citados concellos.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button