EconomíaEconomíaÚltima hora

Presentación do obradoiro de emprego Sillor IX de Folgoso, Ribas de Sil e Quiroga

Publicidade

 

Esta mañá vén de presentarse o obradoiro de emprego Sillor IX, que este ano promove o Concello de Folgoso do Courel e no que participan ademais os municipios de Quiroga e Ribas de Sil.

Un total de 20 alumnos traballadores recibirán formación profesional durante doce meses a xornada completa.

No caso concreto de Folgoso do Courel, o obradoiro dual de emprego formará a 6 alumnos traballadores na especialidade de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, agradecía a asistencia da xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Pilar Fernández, a un acto no que tamén participaron representantes dos Concellos de Quiroga e Ribas de Sil. En concreto, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro.

Artigos relacionados

Back to top button