Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Presentación o libro “Agora e sempre” en Ourense

O volume, promovido pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, reúne as mandas testamentarias dun cento de ourensáns

Baixo o título “Agora e sempre” a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística vén de promover un volume que reúne as mandas testamentarias dun cento de ourensáns, entre os que figuran escritores, historiadores, investigadores ou representantes políticos, entre outros. A obra (editada por Academia Postal) presentábase na tarde do 15 de outubro nun acto celebrado no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense.

Esta iniciativa encádrase na campaña “En galego, agora e sempre!” que promove a citada asociación e que pretende tamén a galeguización das lápidas dos cemiterios no marco dun proceso de normalización lingüística. Ademais esta entidade convida aos cidadáns a achegar aos seus testamentos unha manda ou cláusula sobre o idioma galego como patrimonio que cómpre conservar. De feito, o acto da presentación do libro completouse coa sinatura dunha acta de derradeiras vontades co lema “Procúralle futuro á lingua”.

Fotos cedidas por José Rodríguez Cruz.

Artigos relacionados

Back to top button